Un rato dixolle a lua

Un rato dixolle a lua.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Materia
Poesia (infantil/juvenil)
ISBN:
978-84-9914-505-1
Páginas:
152
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MILMANDA
18,80 €
IVA incluido
En stock (Entrega en 24-48 h)
Añadir a la cesta

Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, -a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro-. García Teijeiro atesoura no seu haber 25 anos escribindo poesía infantil. Desde a publicación de Nenos (1988), os seus versos enredan nos beizos dos lectores e lectoras, -divertidos, lúdicos, pero tamén facéndonos sentir, e pensar, turrando de nós cos seus ventos de ideas e emocións brincadeiras-. Un rato díxolle á lúa espreme, antologados por Fran Alonso, eses 25 anos de poesía infantil.
-Simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes-, estes poemas transmiten emoción, beleza e solidariedade. Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), a poesía de Antonio García Teijeiro agroma cunha enorme forza natural, chea de vida, de luz e de musicalidade.

Otros libros del autor